CONCELLO DE CAMBADOS-ANUNCIO LICITACIÓN

Publicado anuncio no BOP nº 112, do 13/06/2017.

Remata o prazo de presentación ofertas o 26/06/2017

Por Resolución da Alcaldía dedata 05/06/2017, foron aprobados os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares que rexerán a seguinte licitación:

1. ENTIDADE ADXUDICADORA.

a) Organismo: Concello de Cambados.

b) Dependencia: Secretaría-Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: G-1429/2017.

2. OBXECTO DEL CONTRATO.

a) Descrición do obxecto: Mellora da capa de rodadura e dotación de beirarrúas en Burgáns Vilariño.

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) CPV: 45233220-7

3. TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto.

4. PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN.

Presuposto: 96.201,62 €, IVE 20.202,34 €, cun importe total de 116.403,96 €.

5. GARANTÍA definitiva

5% do importe de adxudicación.

6. OBTENCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN.

a) www.cambados.es Taboleiro de anuncios.

b) Entidade: Concello de Cambados

c) Dirección: Praza do Concello, 1 (36630 Cambados)

d) Teléfono: 986520943 Extensión #747. Fax: 986524866

e) Correo electrónico contratacion@cambados.es

f) Sede electrónica: cambados.sedelectronica.gal

7. REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA.

Clasificación: Non se esixe.

8. PRESENTACIÓN DAS OFERTAS.

a) Data límite de presentación: As proposicións entregaranse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14:30 horas, de luns a venres, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do último dos anuncios, no perfil do contratante ou no BOP da Provincia.

b) Documentación a presentar: A sinalada no Prego de Cláusulas.

9. APERTURA DAS OFERTAS.

Na data establecida na Cláusula 2.6 do Prego.

10. CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.

O menor prezo sobre o previsto na licitación.

11. GASTOS DE ANUNCIOS.

Serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

12. PÁXINA WEB ONDE SE INSERTARÁN TÓDOLOS ANUNCIOS ADMINISTRATIVOS RELATIVOS Á CONVOCATORIA DO PRESENTE CONTRATO.

www.cambados.es sección Taboleiro de Anuncios.

En Cambados, a Alcaldesa, Fátima Abal Roma.

Enlaces