Por medio da presente invítase a tódalas empresas interesadas para que formulen oferta económica para tomar parte na licitación do contrato de subministros para a “DOTACIÓN DE MOBILIARIO PARA AS OFICINAS MUNICIPAIS”.

As empresas interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 7 de xullo de 2017 (venres) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben pola sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

1º.- De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

 

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DO INVESTIMENTO:

O importe sinalado na memoria valorada redactada polo Técnico Municipal, que ascende á cantidade de 16.528,92 €, de IVE 3.471,08 €, totalizando un importe de 20.000,00 €.

FINANCIAMENTO.

O presente contrato financiarase ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), para levar a cabo o subministro para a “DOTACIÓN DE MOBILIARIO PARA AS OFICINAS MUNICIPAIS”.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos subministros realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZO DO PRESTACIÓN DO SUBMINISTRO.

1 mes dende o día seguinte ao da recepción a notificación da adxudicación do contrato.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

O único criterio será o menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

O prazo de de presentación de solicitudes e a documentación a presentar fixarase na invitación que se curse ao efecto.

***************

 

Enlaces