Por medio da presente invítase a tódalas empresas interesadas para que formulen oferta económica para tomar parte na licitación dos contratos seguintes:
 
Nº 1. CONTRATO DE SUBMINISTRO. TOTEM.
Nº 2. CONTRATO DE SERVIZO. DESEÑO DE PÁXINA WEB DO CONCELLO.
 
As empresas interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 10 de xullo de 2017 (luns) en horario de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres.
 
Deberán aporta-la documentación seguinte:
 
SOBRE A):
De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpre coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.
 
SOBRE B):
Conterá a oferta económica segundo o modelo que figura enlazado na páxina web, taboleiro de anuncios.
 
ANEXO I
CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.
 
PRESUPOSTO DOS INVESTIMENTOS:
 
As empresas interesadas poderán concorrer aos procedementos de contratación nº 1 (subministro) ou nº 2 (servizo) facéndoo constar ao cumprimentar o/os apartado/os correspondentes do modelo de oferta económica.
En todo caso presentarase unicamente un sobre A) e un sobre B).
 

Nº 1.- SUBMINISTRO. TOTEM

Importe 8.585,92 € - 21% IVE 1.803,04 € - TOTAL 10.388,96 €

1 Udad. De Totem-MUPI FULL Outodoor, ou similar, con pantalla de 47”, con un PC de control, a correspondente instalación e un curso de formación.

 
 

Nº 2.- SERVIZOS. DESEÑO DE PÁXINA WEB DO CONCELLO

 Importe 3.590,90 €, 21% IVE 754,09 €, TOTAL 4.344,99 €

A continuación descríbense cada un dos servizos a prestar:

* Subministro e posta en marcha dunha plataforma de xestión de portais e contidos para o Concello de Cambados.

* Reforma de deseño e arquitectura de información da páxina web municipal.

* Formación de toda a plataforma.

* Soporte da plataforma.

Características principais do portal:

O portal web obxecto deste contrato é un portal ao que accederá o público en xeral e no que podemos diferenciar claramente dúas partes:

- A parte do portal web que interactúa cos usuarios e que é á que accederá o público en xeral dende os seus sistemas informáticos, que é o que denominaremos “portal web”.

·     - A parte de administración e xestión do portal web, que incluirá en Sistema de Xestión de Contidos que permitirá ás persoas encargadas do mantemento do portal xestionar a información dunha forma áxil, sinxela e transparente.

Requisitos principais do portal

Nos seguintes puntos do presente prego detallaranse os requisitos técnicos e funcionais que deberán cumprir estas dúas partes do portal web.

Portal web

O deseño do portal web deberá estar enfocado a que sexa accesible polo maior número de usuarios posible, e a que estes usuarios poidan atopar a información que buscan no menor tempo posible. O portal web deberá proporcionar en todo momento información actualizada e pertinente.

O portal web conformarano unha serie de contidos e servizos, e deberá cumprir cos requisitos que se detallan a continuación:

Requisitos Técnicos e Funcionais.-O portal web deberá cumprir cos seguintes requisitos técnicos:

- Consensuar en todo momento o aspecto gráfico do portal web co equipo encargado do deseño da imaxe corporativa do Concello.

- A súa navegación estruturarase atendendo á árbore de contidos establecido no Concello de Cambados, que poderá ser modificable dende o xestor de contidos.

- O portal deberá contar co protocolo de seguridade SSL que permita a transferencia segura da información e obter unha cualificación de seguridade “A”.

- En relación coa seguridade web, o portal deberá facer uso dunha conexión coa base de datos mediante protocolos seguros MYSQLi e sentenzas preparadas.

- O portal deberá cumprir cun nivel de accesibilidade de polo menos “dobreA” de acordo coa normativa WAI AA (Web Accesibility Iniciate). O portal debe ser accesible para o maior número posible de persoas con independencia das limitacións propias do individuo ou das derivadas do contido de uso. O licitador na súa oferta deberá expoñer a metodoloxía que vai a empregar en materia de accesibilidade.

- O único requisito requirido aos potenciais usuarios para o acceso ao portal será un navegador web.

- O portal deberá ser compatible na súa navegación, visualización e funcionalidades con dispositivos móviles e teléfonos de última xeración. Atendendo a este punto deberá contar cun deseño adaptable, como mínimo, a catro tamaños de pantalla: pantallas grandes, portátiles e tablets en posición horizontal, tablets en posición vertical e teléfonos móbiles.

Facilidade de navegación e usabilidade. Neste sentido, na concepción e posterior desenvolvemento do portal teranse en conta os seguintes aspectos:

- Menús sempre visibles e barras de navegación para poder desprazarse facilmente polo portal.

- Presenza en todo momento de vínculos para regresar á páxina de inicio.

- Incluirá un buscador para a búsqueda rápida dos contidos publicados.

- A información fundamental como teléfonos, direccións, correo electrónico debe estar nun lugar visible co obxecto de que o usuario non invirta demasiado tempo na súa localización.

- O portal e os contidos integrarán tecnoloxía de socialización das principais redes sociais.

- Incorporará elementos necesarios para que se integre cos buscadores máis usados en internet de maneira que se faciliten as súas búsquedas. Neste sentido deberá facer uso de enlaces amigables e marcación estruturada (microdatos).

- O portal deberá contar cun sistema de exportación automático do seu mapa web (Sitemap) para a súa correcta indexación.

- O portal incorporará enlaces con sitios web relacionados e con servizos ofrecidos por terceiros.

- Permitirá a consulta e descarga de documentos e elementos multimedia.

Sistema de Xestión de Contidos.-

O sistema de xestión de contidos será unha aplicación web á que só terán acceso os usuarios que xestionen o portal.

O sistema de xestión de contidos debe permitir unha xestión eficiente e transparente de todos os contidos e servizos aloxados no portal web.

A continuación detállanse as características que se requiren para este sistema:

Requisitos funcionais.-

O xestor de contidos elixido cumprirá cos seguintes requirimentos funcionais:

·Proporcionará unha xestión fácil e intuitiva dos contidos e servizos albergados coa que se poderán controlar todos os aspectos do sitio web.

· Permitirá a división de tarefas entre usuarios con distintas capacidades de acción. Para iso, proporcionará un administrador de perfís que permita a creación de usuarios e perfís con diferentes capacidades de acción.

·As actuacións de redacción, edición, publicación e administración reflectiranse no sitio web en tempo real. Existirá un sistema de versionado de contidos e a edición de textos enriquecidos será tipo WYSIWYG e existirá a opción de previsualización.

·Permitirá a posibilidade de definir ciclos de vida do contido: debe permitir o establecemento de datas de validez e expiración dos contidos.

·Facilitará que o sitio web sexa multilingüe, polo que deberá permitir a integración dos seus contidos en diversas linguas.

· Para facilitar o seu uso permitirase a redución das imaxes no equipo local.

· Permitirá realizar as modificacións que sexan necesarias para manter a accesibilidade á información facilitando o acceso a persoas discapacitadas.

 

FINANCIAMENTO.

O presente contrato financiarase ao 100% pola Excma. Deputación Provincial, con cargo ao Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos 2017), para levar a cabo o subministro/servizos para a “DESEÑO PÁXINA WEB DO CONCELLO E SINALIZACIÓN (TOTEM)”.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos subministros realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZO DE PRESTACIÓN DO SUBMINISTRO E SERVIZOS:

Nº 1.- TOTEM. 1 mes dende o día seguinte ao da recepción da notificación da adxudicación do contrato.

Nº 2.- DESEÑO WEB. 2 meses dende o día seguinte ao da recepción da notificación da adxudicación do contrato.

 

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

Nº 1.- SUBMINISTRO TOTEM.- O único criterio será o menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.

Nº 2.- SERVIZO DESEÑO WEB DO CONCELLO.-

1.- Prezo: o prezo de licitación valorarase da seguinte forma: ata un máximo de 30 puntos puntuando 1 punto por cada 1% de baixa sobre o prezo de licitación (IVE incluido).

2.- Melloras realizadas no proxecto: ata un máximo de 70 puntos distribuídos da seguinte forma:

* Maior número de anos de mantemento. Puntuaranse 5 puntos por cada ano de mantemento adicional ata un máximo de 20 puntos.

* Maior número de xornadas de formación. Puntuaranse 2 puntos por cada 10 horas de formación adicional ata un máximo de 10 puntos.

* Migración de datos existentes, puntuando proporcionalmente segundo a porcentaxe de datos migrados, ata un máximo de 10 puntos.

* Por proxecto, funcionalidade, solvencia, aspecto, facilidade de uso, etc. Ata un máximo de 30 puntos.

En canto a características da solución, valoraranse:

- CMS Open Source

- Funcionalidades do Xestor (xestión avanzada de workflows de publicación, integración con LDAP, multicanalidade, ferramentas participativas, vinculación con redes sociais, etc.)

- Intranet integrada sobre a plataforma do portal web.

- Creación de portais adicionais de forma sinxela.

- Posicionamento web.

- Accesibilidade, etc.

En canto a aspecto visual para portal e intranet, valoraranse:

- Deseño do portal e intranet.

- Permitir xestións sinxelas.

- Esquema de cor.

- Cambios na distribución das páxinas, etc.

FIANZA:

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

O prazo de de presentación de solicitudes e a documentación a presentar fixarase na invitación que se curse ao efecto.

Cando a documentación se envíe por correo, o empresario terá que xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986.524.866), telegrama, cambados.sedelectronica.gal no mesmo día e en hora de 8.30 a 14:30 horas.

***************

 

 

 
 
Enlaces